Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

Preparándonos para "O Samaín"

Imaxe
¡Cantas cousiñas preparamos para O Samaín!

O NOSO SAMAÍN

Imaxe
¡Felicidades nenos/as esa é a resposta, a festa que tendes que celebrar e preparar para estos días é o SAMAÍN! palabra gaélica, que significa fin do verán e principio do inverno.  Do 31 de outubro ao 1 de novembro, para afastar dos seus Castros as perigosas ánimas defuntas e errantes, as persoas adoitaban poñer no alto das muradas, as caveiras iluminadas, por iso agora en Galiza atopamos esta tradición nestes días con cabazas. ¡Anímovos a preparar unha gran festa Druidas e Castrexos, pasadeo moi ben estas semanas! ¡Tendes xa 100 puntos por todas as respostas correctas, seguide así!

A nosa resposta sobre o novo acertixo

Imaxe
¡Ola Señor do Tempo!,  despois de ver a tua entrada o mércores e decidir entre Druidas e Castrexos pensamos que a resposta a:   "EN TEMPOS MOI LONXANOS, ONDE DRUIDAS E CASTREXOS COMPARTÍAN ALDEA, CELEBRÁBASE UNHA FESTA COMO DESPEDIDA DO VERÁN E INICIO DO INVERNO...." É O SAMAÍN!! ! ¿Estamos no certo?  Druidas e Castrexos xa empezamos a facer historias e manualidades sobre esta festa, ¡encántanos a proposta! , podes ver aquí un exemplo.

As nosas primeiras investigacións sobre Os Castrexos

Imaxe
Os Druidas e os Castrexos estivemos traballando e investigando moito sobre o noso pasado, así que como queremos máis puntos para o concurso, aquí podedes ver un pequeno resumen.

¿Queredes puntos extra?

¡Bos días Druidas e Castrexos!  Os vosos nomes encantáronme e ademáis déronme unha boa idea para plantexar un novo acertixo, prestade atención porque tedes uns días para resolver o novo misterio. "EN TEMPOS MOI LONXANOS, ONDE DRUIDAS EN CASTREXOS COMPARTÍAN ALDEA, CELEBRÁBASE UNHA FESTA COMO DESPEDIDA DO VERÁN E INICIO DO INVERNO...." ¿Sabedes de que FESTA estou a falar?   ¡ANÍMOVOS A COÑECELA E A CELEBRALA! ¡MOITA SORTE RAPACES! O Señor do Tempo

¿Xa tedes nomes de concurso?

Imaxe
Bos días rapaces, gustaríame axudarvos á búsqueda de información sobre Os Castros cos Bolechas, así podedes dende o cole buscar máis información e ademáis mirade ven porque con eles surxirán ¡novos acertixos!  Nas vosas casas podedes entrar coas vosas familias, e teredes noticias importantes da participación en breve,  ¡sorte! O señor do Tempo

¡Benvidos ao concurso! ¿quen sabe máis do noso pasado?

Imaxe
Benvidos nenos/as do CEIP Sal Lence, encántanos a idea de que aceptedes o primeiro desafío para participar neste concurso, aínda que os retos serán difíciles, sabemos que coa axuda dos familiares e amigos do cole obteredes as respostas. PRIMEIRA PISTA  Fíxate nesta imaxe Remontámonos ao pasado, para coñecer as nosas orixes ; ¿QUENES FORON OS PRIMEIROS POBOADORES DE GALICIA? Foi unha cultura moi importante e teremos moitas cousas que aprender.  ¿Sabedes xa a resposta? Pois tedes que responder nos comentarios ¡MOITA SORTE!  (Os primeiros coles que contesten obterán maior puntuación ¡BULIDE!)