Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

¡FANTÁSTICO NENOS E NENAS!

Imaxe
¡¡¡Encantoumeee as vosas ideas sobre como xogar cos Castros!!!, seguro que moitos coles visitan o voso blog para poder sacar moitas ideas. Por iso creo que merecedes outros ¡50 puntos! Sodes moi creativos e tamén vos gusta facer moitas manualidades, a ver se pronto subides máis fotos. A seguinte misión para vos é a seguinte, xa que sabedes tanto dos Castrexos, teño unha pregunta moi difícil que seguro que necesitaredes axuda das familias. ¿Cales eran as súas profesións? ¡Esta imaxe é unha gran pista!. ¡SORTEEEE!!!

Temos moitas cousas que mostrar ao Señor do Tempo

Imaxe
Boas tardes Señor do Tempo: Non nos olvidamos do concurso por iso aínda que non subimos entradas, agora resumimos o que fixemos dende o Samaín. Primeiro fixemos uns pequenos xogos sobre o día de Samaín e Lore e Cris as educadoras disfrazáronse para a ocasión, aquí o podes ver e con Darío xogamos ao túnel do terror o venres. Logo xuntámonos Druidas e Castrexos en tics para xogar coa lóxica e buscar elementos agochados, aquí tamén podes ver uns exemplos do ben que o pasamos ese día todos. E onte mércores formamos un Castro xigante co paracaídas e todos xuntos contamos moitas historias e xogamos a moitos xogos. Preguntámonos agora, ¿Cal é a nosa próxima misión?