Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

RECTA FINAL!

Queridos amigos,atopámonos na recta final do concurso e os vosos educadores informáronnos de que moi pronto ides celebrar unha das festas máis importantes do Imperio romano: SATURNALIA. Eu, o Señor do Tempo quedei abraiado ao recibir esta noticia, xa que estades demostrando coñecer moitísimo sobre a nosa historia antiga.  Espero impaciente o resultado de Saturnalia e anímovos a todos a participar, xa que seguro que non vos arrepentiredes.                    ÁNIMO CHICOS QUE ESTADES NOS PRIMEIROS POSTOS!!

3400 PUNTOS!

Bos días rapaces e noraboa!! Todo o esforzo mostrado durante este último trimestre, merece unha boa recompensa. Por iso, sumados os puntos do mostrado no blog, obtedes a terceira posición neste concurso. A continuación vos mostramos a clasificación actual dos catro primeiros postos: -1 ªCEIP Rosalia de Castro-Lugo=4200 puntos -2ª CEIP Vilaverde-Pontevedra=3800 puntos -3ª CEIP Sal-Lence-A Coruña=3400 puntos -4ª CEIP Valle Inclán-Ferrol.A Coruña=2900 puntos Continuade así e seguiredes escalando postos na clasificación. Un saúdo.                                                 O Señor do Tempo

5 Probas superadas!!

Imaxe
Bos días Señor do Tempo! Que ben o pasamos facendo as probas!! Xa superamos cinco das oito probas que nos propuxeches e seguimos aprendendo un montón de cousas sobre os romanos. Estamos impacientes por recibir novas do concurso. Aquí te mostramos un pouco do que fixemos o venres.  Un saúdo.  

AS 8 PROBAS

Imaxe
Parabéns rapaces! Xa sabemos que atopachedes todas as pistas na biblioteca e que vos preocupastes en saber do que vos estabamos a falar. Deste modo ahí vai un adelanto das probas que teredes que facer mañá e que faremos chegar os vosos educadores por correo electrónico.