Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

ATENCIÓN URXENTE!!

Atención amigos, o Señor do tempo ten unha proba preparada para vós dado o esforzo que estades demostrando. O primeiro que deberedes facer e estar todos xuntos en cada momento, logo deberedes buscar na biblioteca do voso centro pistas que indican o que teredes que ir facendo. Unha vez saibades do que estamos a falar, deberedes pasar oito probas que se vos indicarán nos próximos días. PISTA:OS LIBROS SEMPRE ESCONDEN GRANDES TESOUROS E OS PROTAGONISTAS DESTAS HISTORIAS VIAXARON A ROMA EN MÁIS DUNHA OCASIÓN.

OS ROMANOS EN BRIGANTIUM

Imaxe
Onte descubrimos un montón de cousas sobre a chegada dos romanos a Gallaecia. Estivemos toda a tarde a mar de entretidos e o resultado foi este precioso mural.

Metamorfoseando

Imaxe
Chicos os nosos gusanos de seda Poppy, Elfo, Bambi e máis Fortachón tiveron descendencia. Coa chegada da primavera naceron dos seus ovos montóns de gusaniños pequerrechos e agora de novo temos que coidar deles e alimentalos coas follas da moreira. Estades preparados?  Benvidos amiguiños!  Mírade como saen dos ovos!                                           E sairon con moita fame!

Contacontos.Teatro ao aire libre.TITIRITEANDO

Creando xuntos

Imaxe
Maiores e pequenos expresamos a nosa creatividade todos os xoves en Feito a Man.

Mirando o ceo

Imaxe
O Olimpo dos Deuses romanos atopábase no ceo, pois Castrexos e Druidas descubrimos mil formas e cores observandoo. Venres ao aire libre.Pompas,nubes e diversión.

Descubrindo a sociedade romana!

Imaxe
Os castrexos descubriron, a través de diferentes actividades, as etapas políticas e sociais da Antiga Roma, así como os seus estamentos, as súas crenzas e costumes.

Cooperación,amizade e sorrisos

Imaxe

Fundación de Roma

Imaxe
Os Druidas e mailos Castrexos estamos inmersos nunha nova aventura que nos leva ao descubrimento de Roma. Todos sabemos xa un montón de cousas sobre os romanos e todo o que ainda nos queda...Desta vez imos conseguir unha morea de puntos!

Fagamos reconto!

Imaxe
Parabéns participantes! Estades no certo, trátase da Antiga Roma, pola vosa resposta correcta e pola rapidez en dala recibides outros 50 puntos. Na anterior publicación unha compañeira vosa pideu un reconto. Xa tendes 400 puntos e subides un posto, sodes terceiros! Se queredes seguir avanzando na clasificación teredes que seguir investigando sobre os romanos e responderme a quen pertencen estas imaxes. O Señor do Tempo.