Temos moitas cousas que mostrar ao Señor do Tempo

Boas tardes Señor do Tempo:

Non nos olvidamos do concurso por iso aínda que non subimos entradas, agora resumimos o que fixemos dende o Samaín.

Primeiro fixemos uns pequenos xogos sobre o día de Samaín e Lore e Cris as educadoras disfrazáronse para a ocasión, aquí o podes ver e con Darío xogamos ao túnel do terror o venres.



Logo xuntámonos Druidas e Castrexos en tics para xogar coa lóxica e buscar elementos agochados, aquí tamén podes ver uns exemplos do ben que o pasamos ese día todos.



E onte mércores formamos un Castro xigante co paracaídas e todos xuntos contamos moitas historias e xogamos a moitos xogos.







Preguntámonos agora, ¿Cal é a nosa próxima misión?





Comentarios

Publicacións populares deste blog

5 Probas superadas!!

Poe enxebre